sábado, septiembre 28, 2024
InicioO PaísLugoLugo inicia os concertos de peche da xira estival de The Rapants

Lugo inicia os concertos de peche da xira estival de The Rapants

A banda actuará hoxe ás 20.30 horas na facultade luguesa de Veterinaria e mañá, xoves 26, á mesma hora, na praza de Mazarelos, en Compostela co seu espectáculo ‘La máquina del buen rollo’

La máquina del buen rollo para, mais non pecha. The Rapants ofrecerán desde hoxe, mércores 25, e até o venres 4 de outubro, os seus últimos tres directos da xira estival. Logo de percorrer ducias de salas e eventos musicais do país, que comezaron no mes de marzo cun dobre ‘sold out’ en cuestión de minutos na SalaCapitol, os muradáns achegaranse a Lugo, Santiago de Compostela e O Grove para activar o “saltón rapante” de balde.

Así, The Rapants actuará esta tarde, ás 20.30 horas (apertura de portas ás 20.15 horas) no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta actuación está no marco da programación das xornadas de benvida que a Universidade de Santiago de Compostela ofrece ao seu alumnado. O acceso será de balde e libre ata completar a capacidade do espazo. Ao día seguinte, o xoves 26, e á mesma hora (20.30h), fará o propio na praza compostelá de Mazarelos.

A última data do verán da xira de presentación de La máquina del buen rollo, o terceiro LP do grupo, chegará o venres 4 de outubro. A praza do Corgo, no Grove, acollerá -no marco da programación da Festa do Marisco- un concerto de balde dos rapantes. O acceso será libre e a organización do evento facilitará ao público os horarios nos vindeiros días.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS