O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, aceptou a renuncia de Jorge Encinas como xerente e confía seguir contando con el no futuro
Jorge Encinas Arnau, xerente do Consello Municipal de Deportes, comunicoulle ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a súa vontade de renunciar ao cargo á fronte da entidade deportiva, para dedicarse plenamente a labores máis de corte xurídico.
Encinas, ademais de deportista federado na modalidade de tiro, está licenciado en Dereito e leva exercendo a avogacía durante tres décadas.
O avogado cumpriría no mes de outubro dous anos no cargo como xerente do Consello Municipal de Deportes, non deixará de inmediato o seu posto e seguirá á fronte unhas semanas máis ata que o pavillón poida contratar un substituto para a nova xerencia.
Para o alcalde de Ourense, o paso de Jorge Encinas polo Pavillón, “marcou un antes e un despois na xerencia, eliminando as friccións e tensións que arrastraba décadas o persoal funcionarial do ente paralelo ao Concello de Ourense» e sinalou o seu traballo «xunto ao concelleiro Aníbal Pereira, que leva desde xuño de 2023 á fronte, sen dúbida o funcionamento mellorou con respecto a outros gobernos».
O grupo de goberno só pode estar agradecido á súa dedicación”, asegura Gonzalo Jácome.
Jácome confía en seguir contando con Jorge Encinas nun futuro próximo, para aproveitar a súa contrastada competencia profesional, deixando as portas do Concello “totalmente abertas” á súa achega.