sábado, septiembre 28, 2024
InicioNewsComarcasNova vida para o parque infantil do CEIP Antonio Blanco Rodríguez

Nova vida para o parque infantil do CEIP Antonio Blanco Rodríguez

O Concello de Covelo procederá á retirada dos elementos de xogos para substituílos por outros novos, incluidos columpios inclusivos e a colocación dunha cuberta

O Concello de Covelo, xunto có apoio do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, licita a renovación da área de xogos do CEIP Antonio Blanco Rodríguez por 45.096,65 euros. Este área está situada no interior do centro e cunha superficie de oitenta metros cadrados. A intervención contempla a retirada dos actuais elementos de xogos e posterior colocación de novas estruturas. Contémplase poñer un conxunto de mini torre para exteriores con asiento inclusivo composto por dúas torres, tobogán, columpio inclusivo, túnel, barra de bombeiro, escada de acceso e escaleira. Esta mellora complétase coa instalación dunha cuberta translúcida de policarbonato que permita unha luminosidade do 90%.

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, sinala que esta era unha das peticións do centro trasladada durante a celebración do pleno infantil deste ano. Durante a tempada de verán e con medios propios o Concello tamén deu cumprimento a outras das demandas da comunidade educativa. Esta petición foi a ampliación da biblioteca escolar, na que houbo que acondicionar dúas aulas, derrubar tabiques e retiralos e proceder ao seu acondicionamento.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS