viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeMos mellora camiños rurais nas parroquias de Cela e Pereiras

Mos mellora camiños rurais nas parroquias de Cela e Pereiras

As actuacións, íntegramente financiadas por Medio Rural, realizaranse en camiños sen asfaltar nos que se manterá esta característica e a optimización do firme realizarase con pavimento a base de zahorra. Tamén se acometerán cunetas para a canalización de augas pluviais

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente mosense, Laura Méndez, informaron de que foi concedida ao Concello de Mos unha axuda de preto de 40.000 euros do plan PIR 2025 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para a realización das obras necesarias para a mellora dos Camiños Pedra da Cruz en Cela e do Agro en Pereiras.


A optimización abarcará preto de 700 metros, pois o Camiño Pedra da Cruz conta cunha lonxitude total de 250 metros, e do Camiño do Agro, cunha lonxitude total de 425 metros. Neste segundo caso a actuación levarase a cabo dende o cruce co camiño da Maceira, ata o camiño da Mouta.


En ambos camiños as accións a desenvolver consisten en realizar unha primeira actuación de limpeza de arcéns e marxes, realizando o desbroce dos mesmos. Posterioremente realízase o escarificado en toda a superficie do camiño incluíndo o transporte a vertedoiro do material desestimado, para pasar ao extendido e compactación dunha capa de zahorra artificial de 15 cm. Nalgún tramo concreto haberá que executar tamén unha cuneta de formigón triangular para canalización das augas procedentes da chuvia.


As actuacións previas necesarias son desbroce lateral, limpeza de cunetas e noiros, refino e planeo dos camiños; e para finalizar, acometida de firmes e pavimentos a base de zahorra artificial (extendida e compactada).


As obras adicionais son necesarias e imprescindibles para que a obra quede perfectamente rematada e garantir totalmente a seguridade viaria e inclúen cunetas de formigón triangular tipo V-20.

O orzamento de Execución por contrata, incluído o IVE, ascende á cantidade de 39.857,07€ financiados íntegramente pola Consellería do Medio Rural.


Estímase un prazo aproximado para execución das obras de 4 semanas a contar dende o inicio dos traballos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS