domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaMos adhírese ao Next Generation EU, Fondos de Recuperación para Europa

Mos adhírese ao Next Generation EU, Fondos de Recuperación para Europa

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, vén de asinar a adhesión á Declaración Institucional do programa ‘Next Generation EU. Fondos de Recuperación para Europa’, que representa unha oportunidade de transformación e modernización que o conxunto de Galicia debe aproveitar

Para iso, cómpre que a distribución dos investimentos teña en conta as singularidades do territorio galego, maioritariamente rural, para contribuír ao seu desenvolvemento económico e frear o seu despoboamento.
Precisamente celebrarase este sábado o Encontro Next Generation ´Por un rural forte e conectado´ que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade organiza ás 11.00 horas no Parque do Lago da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
Nese encontro presentarase a Declaración Institucional a favor dun reparto equitativo dos fondos Next Generation destinados a actuacións en materia de mobilidade para un rural galego forte e conectado.
Coa sinatura da declaración institucional e do documento de adhesión por parte da rexedora local mosense, o Concello de Mos súmase así a esta importante iniciativa autonómica.
Os representantes da Xunta de Galicia e dos Concellos que asinan a súa adhesión a esta declaración institucional entenden que a Xunta de Galicia e as entidades locais teñen un amplo coñecemento das peculiaridades, singularidades e necesidades de Galicia, dos seus territorios e dos seus cidadáns; así como a importancia de avanzar cara a unha mobilidade sostible, dixital e que conecte e vertebre o noso rural e que os Fondos Next Generation son unha oportunidade única que a Unión Europea pon ao servizo de todos os Estados que a conforman.
Tanto entidades locais como as comunidades autónomas teñen competencias moi relevantes en materia de mobilidade e que esas responsabilidades deben ter a súa correspondencia na asignación destes fondos europeos. Polo que Xunta e Concellos galegos asinantes están convencidos de que os fondos europeos extraordinarios asociados á mobilidade sostible e dixital deben de contribuír significativamente á loita contra o cambio climático, ao progreso económico á cohesión social dos nosos territorios; cremos necesario ampliar ao máximo a cobertura territorial dos investimentos destinados á recuperación e á reconstrución fronte á pandemia para contribuír ao desenvolvemento en igualdade de oportunidades.
A Comisión Europea presentou o pasado 30 de xuño a comunicación “unha visión a longo prazo para as zonas rurais da UE”, na que se propón un Pacto Rural e un Plan de Acción Rural, co obxectivo de facer que as nosas zonas rurais sexan máis fortes, resilientes, prósperas e conectadas. A Comisión solicita aos Estados membros e ás rexións que desenvolvan estratexias de mobilidade rural sostible.

O carácter dos Fondos Next Generation é estratéxico para combater os efectos da pandemia, sentando as bases dun crecemento máis sostible e intelixente. Ademais de para loitar contra o cambio climático, impulsando iniciativas e intervencións de mobilidade saudable, sostible e dixital. Frear o despoboamento do mundo rural e elemento clave do reto demográfico. Facer que as nosas zonas rurais galegas sexan máis fortes, resilientes, prósperas e conectadas. Proporcionar ás nosas economías e ás nosas empresas unha maior competitividade, centros económicos máis desenvolvidos e de maior riqueza. Promover a interoperabilidade e continuidade das redes de transporte existentes, e a intermodalidade e cooperación do transporte por estrada, ferroviario, marítimo e aéreo. E contribuír a acadar os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) incluídos na Axenda 2030

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS