lunes, noviembre 25, 2024
InicioO PaísA CoruñaEn busca de solucións para o bloqueo que sofre o sector eólico...

En busca de solucións para o bloqueo que sofre o sector eólico en Galicia

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático e Clúster de Enerxías Renovables e coinciden en subliñar o valor das enerxías verdes e a importancia de apostar por esta vía para avanzar nos obxectivos de descarbonización e neutralidade climática

A Xunta acaba de sumar o apoio do Clúster de Enerxías Renovables (Cluergal) na fronte común impulsada en Galicia co fin de buscar solucións ao bloqueo que sofre o sector eólico na Comunidade. Este débese aos recursos xudiciais e administrativos contra parques autorizados nos últimos anos.

Durante unha reunión mantida esta tarde, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e mais o xerente da entidade, Oriol Sarmiento, e o secretario, Nonito Aneiros, coincidiron en subliñar o papel clave que teñen no contexto actual as enerxías renovables para avanzar nos obxectivos europeos de descarbonización e neutralidade climática.

Precisamente, a responsable autonómica aproveitou a xuntanza para trasladarlles de primeira man os resultados da súa recente viaxe a Bruxelas. Nesta viaxe, a parálise eólica e o potencial de Galicia desde o punto de vista da enerxía verde foron os temas centrais das reunións que mantivo con representantes da Comisión Europea de primeiro nivel.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS