viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísO CC "Ponte Vella" inaugura a súa instalación de enerxía renovable

O CC «Ponte Vella» inaugura a súa instalación de enerxía renovable

Dende a Xunta subliñan a necesidade de promover o aforro e a eficiencia enerxética no tecido empresarial

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández, destacou hoxe as axudas concedidas pola Xunta para promover o aforro e a eficiencia enerxética no tecido empresarial e nos fogares.

Fernández, asistiu á inauguración das novas instalacións fotovoltaicas postas en marcha no Centro Comercial Ponte Vella, un dos beneficiarios da liña de axudas do Goberno galego para a instalación de equipamentos de enerxías renovables.

O directo xeral apuntou que a axuda concedida ascendeu a 18.500 euros e permitiu a instalación de 144 paneis fotovoltaicos para autoconsumo. Deste xeito, a instalación contará cunha potencia  de 58kW e  facilitará a redución de 25 toneladas de CO2, o que equivale á plantación de máis 1.000 árbores.  

Neste marco, Pablo Fernández explicou que estas axudas buscan contribuír ao aproveitamento das enerxías renovables, a implantar a cultura do aforro e a eficiencia enerxética, e á electrificación da demanda de enerxía como unha das principais vías para a descarbonización.

Trátase de continuar apoiando as empresas no reto que teñen de transformarse, e tamén aos fogares, para que cada vez sexa máis doado, e economicamente máis barato, poder acceder a estas tecnoloxías.

Finalmente, o titular da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, salientou que a nova Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan recursos naturais de Galicia que aprobará o Parlamento o vindeiro mes, é unha oportunidade para que a Comunidade galega siga avanzando no proceso de descarbonización e transición enerxética na loita contra o cambio climático e para que os fogares e as industrias galegas aforren unha parte importante da súa factura eléctrica e enerxética.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS