lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasA Deputación redactará un novo proxecto para a remodelación da EP-1302 en...

A Deputación redactará un novo proxecto para a remodelación da EP-1302 en Bueu

O listado de propostas presentarase ao Concello de Bueu, tal e como se acordou no día de hoxe nunha reunión entre a representante da Deputación e o alcalde do Concello

A  Deputación de Pontevedra presentará novas propostas ao Concello de Bueu para recoller as demandas dos veciños e veciñas para levar a cabo a remodelación da EP-1302 Beluso-Cabo Udra.

Así o acordou esta mañá a deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, tras reunirse co alcalde de Bueu, Félix Juncal, no Edificio Administrativo da Deputación para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso polo municipio.

Segundo informou a deputada, o alcalde de Bueu está de acordo en modificar completamente o proxecto, que se encontraba xa redactado, para a estrada provincial polo anterior goberno co obxectivo de incluír os requirimentos da veciñanza.

En concreto, Couselo referiuse á posta en marcha dunha senda peonil e á posibilidade de trasladar o cruceiro que se atopa na vía. Ambas son demandas da cidadanía de Bueu que non garantía o proxecto anterior.

A deputada provincial, Isabel Couselo, asegurou que  “o noso obxectivo é garantir a seguridade peonil na estrada provincial que une Beluso e Cabro Udra e construír espazos públicos para as persoas, algo que non estaba contemplado nin asegurado co proxecto redactado polo anterior goberno”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS