viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsA terraO BNG de Ourense demanda a paralización dos proxectos mineiros nas comarcas...

O BNG de Ourense demanda a paralización dos proxectos mineiros nas comarcas da Limia e Monterrei

Bernardo Varela, voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Ourense, declarou “o licito aproveitamento mineral que existe no país, ten que estar sempre supeditado a un respecto medioambiental e socioeconómico da súa contorna”

Algúns dos integrantes do nacionalista en Ourense compareceron hoxe para dar conta da súa oposición ao proxectos mineiros en Oimbra, Laza, Sarreaus, Cualedro, Verín e Vilardevó. Entre eles, estiveron presentes no acto Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial, e María Manga e Xosé Manuel Puga, deputados do BNG na Deputación de Ourense.

Dende o partido solicitan o acordo do pleno da Deputación de Ourense para instar á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas e á Xunta de Galicia a que proceda ao rexeitamento da solicitude de concesión de explotación, derivada do permiso de investigación dos respectivos proxectos.

O voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela, sinalou que se proporá ao pleno da Deputación demandar da Xunta actualizar a Lei Galega de Minaría, «garantido a seguridade xurídica, transparencia e participación pública na toma de decisións, así como a recuperación da xestión pública do Catastro Mineiro de Galiza».

«Estes proxectos pretenden facer traballos de investigación para localizar posibles xacementos de Litio, Estaño, Volframio e Tantalo na zona aínda que, principalmente, Litio» sinalaba Varela e engadía que “xa deron lugar a unha importante alarma social e un importante rexeitamento veciñal».

Os nacionalistas buscan que se realice ao proxecto a súa correspondente investigación

Dos documentos a exposición pública despréndese o seu carácter especulativo e unha inconcreción das labores a realizar como, por exemplo, a non programación da campaña de sondaxe nin a escolma de aquelas afeccións que poderían ter, tanto por realizarse preto de núcleos como preto de patrimonio arqueolóxico, camiños, e mesmo con afeccións a posibles mananciais de auga.

Por estes motivos o grupo nacionalista, tamén demanda que se dé traslado á Deputación Provincial de Ourense para que se realice unha análise polos técnicos e grupos políticos da documentación que obre no expediente administrativo que deu lugar á publicación no DOG do 10 de xuño de 2024 dos tres acordos do 9 de abril de 2024, polos que se sometía a información pública a solicitude do permiso de investigación de tres proxectos mineiros.

Ademais, de que a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia permita o acceso a esta institución, aos informes sectoriais e a toda a documentación que se incorpore ao expediente administrativo referenciado, logo do trámite de información pública.

“O licito aproveitamento mineral que existe no país, ten que estar sempre supeditado a un respecto medioambiental e socioeconómico da súa contorna” declarou o portavoz ourensá.

Bernardo Varela, voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Ourense

Declaracións durante o acto no que expresan a oposición do BNG ante estes proxectos:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS