sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasMos, O Porriño, A Guarda, Redondela e Soutomaior soben ao nivel alto...

Mos, O Porriño, A Guarda, Redondela e Soutomaior soben ao nivel alto de restricións

A clientela terá que presentar un certificado COVID-19 para acceder ao interior dos locais da hostalería e da restauración destes municipios e o ocio nocturno límitase a só o 50% nas terrazas.

 

Un total de 10 concellos da bisbarra situaranse no nivel alto de restricións ao incluir o comité que asesora á Xunta na pandemia os concellos da Guarda, Mos, O Porriño, Redondela e Soutomaior a partir da noite do venres para o sábado 31 de xullo. Un nivel alto no que continuarán Gondomar, Nigrán, O Rosal, Tomiño e Vigo.

Segundo as directrices de Sanidade, nestas 10 localidades das comarcas será necesario presentar un certificado COVID para acceder ao interior dos locais da hostalería e da restauración, que reducirán o seu aforamento ata o 50% no interior e, tamén, ata o 50% nas terrazas. O ocio nocturno limítase a só no exterior e só á metade da capacidade e deberá pechar á 01:00 horas e as reunións entre persoas non convientes quedan prohibidas entre a hora de peche do lecer nocturno e ás 06:00 horas.

Como certificados COVID, Sanidade admite unha proba negativa, un certificado de vacinación ou unha acreditación de ter pasado con anterioridade o virus. Amáis, co fin de facilitar a capacidade diagnóstica, o SERGAS vén de asinar un convenio de colaboración cos Colexios Oficias de Farmacéuticos de Galicia para que as boticas adheridas poidan validar os resultados dos test de autodiagnóstico e integrar os seus resultados nos rexistros do sistema público de saúde, segundo explicou o conselleiro Julio García Comesaña, quen informou que «serán expedidos de balde, e terán validez para seren presentados naquelas actividades restrinxidas dentro da comunidade galega que requiren acreditar un resultado negativo de proba diagnóstica para o seu acceso.»

No caso de que se opte por realizar as probas noutro lugar distinto ás oficinas de farmacia, o documento non terá validez ao non poderse acreditar nin a identidade da persoas, nin o procedemento da toma de mostra. Con todo, as persoas que realicen un test no seu domicilio, ou noutro lugar, terán habilitado un circuíto directo a través do teléfono 900 400 116, no que se poderá poñer en coñecemento un resultado positivo, para incorporar os datos aos rexistros do sistema público de saúde. Deste xeito, solicitarase directamente a realización da pertinente proba PCR ou a atención sanitaria no caso de presentar síntomas. Así, evítase a necesidade de chamar ou acudir aos centros de saúde para solicitar a realización desta proba.

As sete grandes cidades galegas, no nivel alto de restricións

As sete cidades galegas situaranse no nivel alto de restricións a partir da noite do venres para o sábado 31 de xullo, segundo as decisións que tomou o comité clínico que asesora á Xunta na pandemia na última xuntanza. Así, en  Vigo, Ourense, Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra e Lugo será necesario presentar un certificado COVID para acceder ao interior dos locais da hotalería e da restauración e o ocio nocturno limítase a só no exterior á metade da capacidade, entr outras restricións.

En total, son 48 localidades galegas que se rexerán polas medidas do nivel alto. Nomeadamente,  Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, As Pontes, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, Porriño, Redondela, Ribadumia, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Arzúa, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal e Tomiño.

 

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS