viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeTomiño lanza un novo curso de atención sociosanitaria

Tomiño lanza un novo curso de atención sociosanitaria

O Concello formará a 15 auxiliares en atención a persoas no domicilio cun curso de 300 horas para persoas desempregadas

Tomiño rematará o ano cunha nova oportunidade formativa dirixida a veciños e veciñas en situación de desemprego.

A partir de outubro ata o mes de decembro, un total de 15 persoas poderán formarse como auxilares de atención sociosanitaria a persoas no domicilio. Este trátase dun curso teórico e práctico organizado pola Concellería de Benestar Social e Deportes en colaboración con IDADES, que busca facilitar o acceso ao mundo laboral nun sector en constante demanda.

O curso constará dun total de 300 horas, das que 150 horas serán de formación teórica entre as datas do 7 de outubro ao 2 de decembro. As clases do obradoiro impartiranse de luns a venres de 09:30 a 13:30 horas na Escola Obradoiro O Regatiño de Goián. Tras a formación, as persoas participantes realizarán prácticas non remuneradas en entidades do sector.

Unha vez finalizada a etapa formativa, a empresa ten o compromiso da contratación das persoas participantes que, ademais, recibirán un diploma acreditativo que facilitará o seu acceso ao mundo laboral como auxiliares de Axuda a domicilio.

O diploma que se entregará, serviralles para abrir a vía de acceso ao proceso de obtención de Acreditación das competencias profesionais da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Unha formación orientada a un sector de gran demanda

Como explica o concelleiro de Benestar Social, Rubén García, “dende o Concello continuamos apostando por organizar accións que dan resposta ás necesidades reais do mercado laboral, mellorando a empregabilidade dos nosos veciños e veciñas. Esta formación permitirá a todas as persoas adquirir as competencias necesarias para traballar nun sector con gran demanda de persoal como é o da atención sociosanitaria”.

O curso diríxese a persoas desempregadas empadroadas en Tomiño e con carné de conducir. Para aquelas que estén interesadas en participar, o prazo de inscrición abrirase dende mañá, mércores día 25, ás 09:00 horas ata o vindeiro 1 de outubro ás 13.00 horas.

Os interesados poderán inscribirse a través do formulario habilitado na web do Concello de Tomiño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS