viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísNova convocatoria de axudas para a rehabilitación dos camiños de Santiago e...

Nova convocatoria de axudas para a rehabilitación dos camiños de Santiago e a Ribeira Sacra

No caso da ARI Camiños de Santiago, destínanse 865.387€ e no caso da ARI Ribeira Sacra, 361.544€ e as axudas permiten sufragar ata o 50% ou 75% da actuación

A Xunta vén de lanzar a nova convocatoria da liña de axudas para as Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago e a Ribeira Sacra. Para elas, destínase un orzamento total de 1,2 millóns de euros.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou hoxe en Vilamarín, xunto ao delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, unha das vivendas rehabilitadas a través destas achegas e destacou a aposta da administración autonómica «para impulsar actuacións que poñan en valor os Camiños e os lugares e vilas que atravesan».

Allegue destacou que estas actuacións permiten “seguir a construír fogares e poñer en valor as contornas e vilas onde se realizan as intervencións”, como foi neste caso no lugar de Bouzas, en Vilamarín.

Beneficiarios das actuacións

En concreto, a Xunta destina 865.387€ ás rehabilitacións na ARI dos Camiños de Santiago e 361.544€ na da Ribeira Sacra.

Xa está publicada a convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) que estará ata o 23 de outubro, a través delas poderán solicitarse estas achegas convocadas pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

Para poder acollerse a esta convocatoria de subvencións é requisito imprescindible contar coa cualificación definitiva outorgada polo IGVS, que se obtén despois de realizar as obras de rehabilitación.

Para contar con esa cualificación definitiva e poder optar a futuras convocatorias, antes é preciso obter a cualificación provisional. Este trátase dun trámite que se pode realizar por vía electrónica na sede da Xunta e que ten o prazo aberto ata xuño de 2025.

No momento en que se finaliza a actuación, os solicitantes teñen que comunicar o fin da obra e xustificala para solicitar a cualificación definitiva, a fin de poder acceder á convocatoria de axudas de rehabilitación.

No ámbito das dúas ARI supramunicipais poderán solicitar a cualificación provisional e definitiva as comunidades de propietarios e as agrupacións de comunidades; as agrupacións de propietarios; e as persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.

A contía das achegas non poderá superar o 50% do importe subvencionable da actuación. Este límite incrementase ata o 75% se os ingresos da unidade de convivencia promotora da actuación e residente na vivenda son inferiores a tres veces o IPREM ou cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade e se acredite que na unidade de convivencia existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos. O importe máximo das axudas poderá acadar os 30.000 euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS