viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasBaiona está levando a cabo labores de talla nas árbores do municipio

Baiona está levando a cabo labores de talla nas árbores do municipio

A última destas accións tivo lugar no areal de Santa Marta coa talla dun eucalipto

O Concello de Baiona atópase realizando labores de poda nas diferentes zonas verdes que ten a localidade.

No día de onte, dentro das labores que están realizar, produciuse a talla dunha especie arbórea denominada eucaliptus globulus. Concretamente, esta árbore tiña un gran risco de caída xa que era de grandes dimensións e estaba a escasa distancia de domicilios. Ademais, o seu enraizamento era dubidoso, xa que estaba en zona de rocas e había que ter en conta as posibles inclemencias meteorolóxicas na zona como temporais ou fortes choivas.

A citada árbore atopábase nunha zona de alta densidade de persoas, especialmente en tempada estival posto que estaba preto do areal de Santa Marta e da capela de Santa Marta.

Desta maneira, para poder proceder á talla deste eucalipto contouse coa previa autorización do Servizo Provincial de Costas de Pontevedra, debido a que estaba en terreo de dominio público marítimo-terrestre.

Unha vez que se tallou, púidose observar que estaba totalmente seco por dentro e supoñía un grave perigo para os viandantes da zona e para as casas lindeiras pola súa posible caída.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS