Crecente presenta o verán cultural que dará comezo o un de agosto ata o final de mes.
A veciñanza ten unha cita en Crecente co seu verán cultural ata o 29 de agosto. Todas as actuacións celebraranse na Praza do Concello ás 22:00 horas baixo as normas anti COVID-19 que marcan as autoridades sanitarias. A programación comeza o día un cun concerto da banda da Agrupación Goian. Tomaralle o relevo un espectáculo circense e un coerto de A Roda.
O cinema tamén será protagonista na programación de agosto do concello de Crecente pois o día 14 proxectarase o film Cuñados, no que destacan como actores Miguel de Lira ou Xosé Touriñán, entre outros. Unha produción na que colaboran TVE e TVG.
As citas culturais do mes de agosto rematan o día 29 co Soul e Rock de Tamara Pérez.
Consulta a programación aquí: