viernes, noviembre 22, 2024
InicioO PaísA CoruñaPontón: “Rueda non foi a defender os intereses de Galiza senón os...

Pontón: “Rueda non foi a defender os intereses de Galiza senón os do PP”

“Estamos ante un presidente desleal que non defende a axenda galega, senón a axenda do Partido Popular”, reprocha a líder nacionalista

A portavoz nacional, Ana Pontón, resumiu a reunión do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, co titular do Executivo central, Pedro Sánchez, como “un fracaso e unha oportunidade perdida para Galiza” porque, recalcou, “lamentablemente, o señor Rueda non foi a defender os intereses dos galegos e das galegas, senón os intereses do Partido Popular”.

“Para Rueda o PP está por riba de Galiza”, afirmou Pontón, quen recalcou que o titular do Goberno galego non acudiu á reunión con Sánchez a defender a axenda galega, senón a axenda do Partido Popular, demostrando así que “non foi á Moncloa como o presidente da Xunta, senón como un delegado de Feijóo”. A líder nacionalista indicou que este é o motivo polo que Rueda rexeita algo tan positivo para Galiza como demandar unha quita da débeda, negociada polo BNG no acordo de investidura.

Fronte a un Rueda que declarou que a débeda non era un problema, a portavoz nacional tirou de datos: Galiza triplicou os números vermellos cos gobernos do PP até acadar os 14.297 millóns de euros e hoxe o pago da débeda é a terceira partida de gasto máis alta de todos os orzamentos despois da sanidade e a educación e ascende a 1.511 millóns en 2024.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS