viernes, septiembre 20, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoA Xunta formaliza o contrato para a redacción do proxecto da nova...

A Xunta formaliza o contrato para a redacción do proxecto da nova área do Meixoeiro

O Executivo galego inviste máis de 89.500 euros na redacción do proxecto desta nova unidade de Cirurxía Maxilofacial que optimizará as instalacións do hospital vigués

A Xunta vén de formalizar o contrato para a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra da nova área de Cirurxía Maxilofacial no Hospital Meixoeiro. A nova unidade estará integrada por un equipo de dous especialistas en cirurxía maxilofacial, unha enfermeira, unha técnica auxiliar e persoal administrativo. Así, as novas instalacións permitirán a realización de cirurxías mediante anestesia local e tamén con sedación. Está previsto que, de xeito inicial, a unidade atenda cada ano preto de 2.000 persoas. Estas son pertencentes das áreas sanitarias de Vigo e de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

A nova unidade de maxilofacial estará dotada con equipamento de última xeración. Para isto o Servizo Galego de Saúde xa adquiriu un ortopantomógrafo dixital que permite realizar radiografías panorámicas da boca, cunha imaxe de ambos os dous lados do maxilar, da mandíbula e dos dentes. Isto facilitará identificar os problemas orais dos pacientes en 3D. Ademais, as imaxes poden ser visualizadas desde a plataforma de historia clínica electrónica IANUS de forma inmediata.

Este equipo suporá importantes vantaxes, tanto para os pacientes como para os profesionais do Hospital Meixoeiro, dado que emite menor radiación, conta cunha resolución de imaxe de maior calidade que a radiografía analóxica e garante a trazabilidade da información do paciente.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS