viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño exemplo de turismo sostible...

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño exemplo de turismo sostible en Galicia

Representantes da Secretaría de Estado de Turismo e da Axencia de Turismo de Galicia visitaron xunto a autoridades dos 14 concellos tres dos proxectos que se están a desenvolver no territorio ao abeiro do PSTD

A sustentabilidade marca o camiño para o futuro do turismo no Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. Unha delegación da Secretaría de Estado de Turismo e da Axencia de Turismo de Galicia realizou este venres unha visita de campo no marco da xornada técnica dos Plans de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD). Este é un programa do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo financiado con fondos europeos NextGenerationEU co que promover intervencións integrais para crear destinos turísticos sostibles e resilientes fronte aos efectos do cambio climático.

Ao longo da mañá, visitaron os proxectos que se están a desenvolver en Redondela, Nigrán, Baiona e Tui a Directora Xeral de Políticas Turísticas da Secretaría de Estado de Turismo, Ana Muñoz Tabarés e a Subdirectora Adxunta de Desenvolvemento e Sostibilidade Turística do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, Ilona Shekyants. Tamén realizaorn esta visita o director de Competitividade de Turismo de Galicia, Iván Meléndez e a xefa da área de Calidade e Proxectos Europeos de Turismo de Galicia, Marta Trebolle. Ademais, participaron na ruta alcaldes e concelleiros dos 14 municipios do territorio e persoal técnicos das diferentes institucións.

Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño mantén íntegro o seu espírito de colaboración na execución do seu PSTD – A Despensa de Galicia. Apostan por un enfoque global e transversal evitando as accións puntuais nos concellos e desenvolvendo proxectos conxuntos que potencien o territorio como destino turístico sostible e de calidade. Como explica a presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural, Sandra González, esta visión compartida “permite maximizar o impacto das actuacións reforzando a identidade común e promovendo un crecemento equilibrado e respectuoso co medio ambiente”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS