domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaLocais de Salceda devolven os test de antíxenos en copas

Locais de Salceda devolven os test de antíxenos en copas

Este venres ata o sábado incluído instalarase un posto con dous médicos que certificarán as probas.

Treis locais do municipio de Salceda de Caselas, en colaboración coa Asociación de Comerciantes ACISA, poñerán hoxe venres e mañá sábado un posto para realizar test de antíxenos con dous médicos para certificar as probas e devolverán o diñeiro aos usuarios en copas.

Na instalación do posto de test colaboraron os locais de La Maldita, Shawrock e Metro. Terán persoal para realizar as probas, que custarán inicialmente a cada usuario cinco euros, e dous médicos para certificalas. Facilitarase cos resultados nunha tarxeta que se selará nos tres locais de maneira que recuperarán o diñeiro con consumicións. Prevese a realización dun 200 test durante a fin de semana.

Para esta iniciativa, os tres locais, que están na zona de Copas contan co apoio de Protección de Salceda, as farmacias Wenceslao e Rodríguez Gil, e o Centro Médico Caselas. A idea é instalar unha carpa próxima aos locais, detrás do Concello, á que acudirán voluntariamente as persoas que non dispoñan de test e queiran entrar nos locais de lecer.

Segundo explicou Marcos Salgueiro, un dos propietarios, trátase dunha aposta destes locais polo lecer seguro para poñer o seu gran de area. “Impórtanos moito a seguridade dos nosos clientes, e por iso queremos diferenciarnos e poñer en marcha esta iniciativa”.Ademais ACISA, solicitou autorización da consellería de Sanidade para esta iniciativa e recibiu a aprobación.

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS