viernes, septiembre 20, 2024
InicioNewsComarcasArbo acolle un novo itinerario peonil nun treito do antigo trazado da...

Arbo acolle un novo itinerario peonil nun treito do antigo trazado da estrada PO-400

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, subliñou que a nova senda garante os desprazamentos cómodos e seguros da veciñanza desta área

A Xunta vén de finalizar o itinerario peonil desenvolvido nun treito do antigo trazado da estrada PO-400 en Arbo cun investimento de preto dun millón de euros. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, visitou hoxe esta actuación xunto ao delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, así como outra intervención coa que se habilitou un aparcamento nun tramo desta mesma estrada.

Dúas actuacións que como subliñou a conselleira, enmárcanse “na aposta clara da Xunta por unhas infraestruturas máis accesibles, cómodas e seguras para as persoas e os usuarios”. “A nova senda garante os desprazamentos cómodos e seguros da veciñanza, transformando o seu carácter dende o que tiña de antiga estrada a un viario urbanizado e con espazo para o tránsito seguro dos peóns”, engadiu.

A intervención, financiada con fondos React da Unión Europea, incluíu a mellora do firme da calzada neste treito en Cequeliños e a súa ampliación ata os seis metros de ancho. E con ela resolvéronse distintas necesidades constatadas na contorna, de xeito que se instalou unha pasarela para o tránsito peonil; mellorouse o saneamento e abastecemento, colocáronse novos puntos de luz e dos paradas de autobús con marquesiñas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS