viernes, septiembre 20, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoA Deputación e o Concello de Vigo executarán tres obras de mellora...

A Deputación e o Concello de Vigo executarán tres obras de mellora da mobilidade urbana

O presidente provincial asina tres convenios co alcalde de Vigo, Abel Caballero, para a execución de tres proxectos que aseguran o aproveitamento de 6,2 millóns de euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou a colaboración institucional entre o organismo provincial e o Concello de Vigo para asegurar un investimento de 6,2 millóns de euros. Deste orzamento a Deputación achega o 70 %, para executar tres obras de mellora da mobilidade urbana na principal cidade de Galicia.

Na Pinacoteca Fernández del Riego, o presidente Luis López e o alcalde Abel Caballero asinaron tres convenios. Estes sellan a instalación de ramplas mecánicas entre as rúas Álvaro Cunqueiro e Tarragona por 2,8 millóns, a humanización de San Roque por 2,3 millóns e a implantación dun novo ascensor en Juan Ramón Jiménez por 1,15 millóns. “Estabamos ante o risco certo de que Vigo, o 1 de xaneiro, quedara sen 6,2 millóns para investir. Ante tal escenario, tiñamos tres alternativas: lamentarnos, buscar culpables ou solucionar. Pois ben; solucionamos”, afirmou o presidente Luis López despois de firmar os acordos.

O Concello de Vigo e a Deputación asinaran en maio do ano 2021 un convenio para investir 15,8 millóns ao longo das anualidades do 2021, 2022 e 2023. Pero ante a imposibilidade de completar os proxectos previstos no prazo establecido e o risco da perda do financiamento, acordouse aproveitar eses fondos para executar estes tres novos convenios. Completados os trámites administrativos, López e Caballero deron este venres luz verde a tres acordos “para que os prazos non nos atropelen e as obras pasen do papel á realidade”, subliñou o presidente.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS