lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsActualidadeO Louro Valley Festival aspira a bater récord de asistencia este sábado

O Louro Valley Festival aspira a bater récord de asistencia este sábado

Groove Amigos, Traffic House, Khris Guez, Samu Pexe nun “back to back” con Pitty, e DJ Mus completan o cartel encabezo polo dj Kiko Rivera

O Porriño acollerá este sábado, 21 de setembro, unha nova edición dun dos eventos musicais estrela das Festas do Cristo: o Louro Valley Festival. O alcalde, Alejandro Lorenzo, xunto co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, a directora de Xuventude, Lara Meneses, e os djs participantes Groove Amigos e Khris Guez, desvelaron o cartel completo desta edición que promete superar o récord de asistencia da pasada edición.


O Louro Valley naceu no ano 2013 da man dun grupo de djs e hostaleiros locais. Tras tres edicións suspendeuse, retomándose no ano 2022 con Maikel Delacalle como cabeza de cartel. O ano pasado, Juan Magán conseguiu reunir a máis de 15.000 persoas na que foi a edición máis multitudinaria.


Como se fixo público a principios desta semana, o cabeza de cartel será o famoso dj Kiko Rivera, un dos máis aclamados do panorama nacional, pero o festival mantén a esencia coa que naceu: apoiar a los djs locais brindándolles a oportunidade de brillar nun gran escenario.


Así, completan o cartel Groove Amigos, Traffic House, Khris Guez, Samu Pexe nun “back to back” con Pitty, e DJ Mus.


O evento dará comezo ás 22:30 h no aparcamento da rúa Progreso e, como cada ano, será totalmente gratuíto. Ademais, esta edición ofreceranse mochilas vibratorias para que as personas xordas poidan gozar plenamente da que seguro será unha experiencia inolvidable.


“Animámosvos a todos/as disfrutar desta noite de música e diversión no que xa é un escenario de referencia do calendario galego de festivais”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “E especialmente dos nosos artistas locais, que están a levar o nome do Porriño por todo o mundo e aos que admiramos e agradecemos que sigan apostando polo seu pobo. Son referentes para moitos/as mozos/as”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS