domingo, noviembre 24, 2024
InicioO PaísA CoruñaComezan as xornadas técnicas de Seguimento dos Plans de Sostibilidade Turística

Comezan as xornadas técnicas de Seguimento dos Plans de Sostibilidade Turística

A Xunta de Galicia ten mobilizado o 83% dos máis de 130 millóns de euros de fondos Next Generation que xestiona o goberno autonómico no eido turístico

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, abriu hoxe as xornadas técnicas de Seguimento dos Plans de Sostibilidade Turística en Destino de Galicia nas que anunciou que a Xunta de Galicia ten mobilizado o 83% dos máis de 130 millóns de euros de fondos Next Generation que xestiona o goberno autonómico no eido turístico. Como explicou, nos últimos anos estívose a axilizar e avanzar na mobilización destes fondos “coa intención de aproveitar a oportunidade que supón esta inxección económica para mellorar, renovar e completar a oferta turística galega da man da sostibilidade”.

Neste sentido, no acto -no que estivo acompañado pola directora xeral de Políticas Turísticas da Secretaría de Estado de Turismo, Ana Muñoz- Xosé Merelles fixo balance das medidas realizadas a través de plans e liñas de axuda, algunhas delas vixentes como as que aínda se poden solicitar ata o 14 de novembro para implantar medidas de eficiencia enerxética nos establecementos turísticos cun investimento de dez millóns de euros -a maior liña de¡ axudas en orzamento posta en marcha cos Next Generation- que se suma aos tres millóns de euros dunha convocatoria anterior.

O director de Turismo de Galicia referiuse tamén á folla de ruta marcada pola Xunta cos fondos Next Generation relacionada co Camiño de Santiago, con iniciativas como o Plan Xacobeo Next Generation, que está a permitir dinamizar e diversificar a ruta xacobea, ampliar a súa capacidade aloxativa ou mellorar o seu patrimonio. Fixo mención, en concreto, á posta en valor de 12 Bens de Interese Cultural na ruta xacobea, dos que están en marcha a maior parte dos proxectos como a rehabilitación da fortaleza de Monterrei, obras de acondicionamento e iluminación en Mondoñedo, a restauración paisaxística do Parque do Pasatempo en Betanzos ou a posta en valor da casa natal de Valle Inclán, entre outros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS