viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasA Xunta acometerá as obras da última fase de humanización de Sabarís

A Xunta acometerá as obras da última fase de humanización de Sabarís

Dúas das tres fases da intervención xa foron executadas polo Goberno galego e a última quedou paralizada

O presidenta da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este xoves que o Goberno galego acometerá as obras da última fase de humanización de Sabarís, en Baiona, na zona que comprende o derradeiro tramo da avenida Julián Valverde e a rúa Porta do Sol.

Así o avanzou o titular do Goberno galego tras unha xuntanza celebrada co alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e a delegada territorial, Ana Ortiz, na Delegación da Xunta en Vigo.

Na actualidade xa están finalizadas dúas das tres fases en que se dividiu a intervención,
desde a rúa Ponte Romana á rúa José Pereira Troncoso, pero a última quedou paralizada.

O ámbito de actuación é coincidente cunha parte do Camiño Portugués da Costa ao seu
paso pola parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, no que se poden atopar construcións
catalogadas e elementos etnográficos, destacando o paso pola ponte románica que enlaza
Baiona con Nigrán sobre o río Miñor.

A intervención pretende completar un itinerario peonil accesible que permita a libre
circulación, cómoda e segura de todos os usuarios. Ademais, tamén inclúe a substitución e
mellora de todas as infraestructuras, soterrando todo o cableado existente de telefonía e
subministro eléctrico.

Toda a actuación estará axustada ao estudio e plan para a mobilidade do Concello de
Baiona, o que permite definir as actuacións necesarias para a mellora do tránsito peonil e
a seguridade urbana, dentro dun marco de estratexias de desenvolvemento e recuperación
da paisaxe urbana.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS