domingo, noviembre 24, 2024
InicioO PaísA CoruñaGalicia supera xa os obxectivos de redución de emisións da Unión Europea...

Galicia supera xa os obxectivos de redución de emisións da Unión Europea para 2030

A comunidade galega é o territorio no que máis descenderon as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (59,8%) desde 1990, superando o obxectivo do 55% establecido pola Unión Europea

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, salienta que Galicia supera xa os obxectivos da Unión Europea para 2030 en materia de redución de emisións de cara a acadar a neutralidade climática. Durante a súa visita ás instalacións de Televés nesta xornada, a conselleira puxo en valor que Galicia é a Comunidade na que máis descenderon as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (59,8%) desde 1990, superando o obxectivo do 55% establecido pola Unión Europea para o ano 2030.

A maiores, cómpre indicar que no que se refire ás emisións brutas é a segunda comunidade na que máis baixaron (33%) chegando a haber máis de 35 puntos porcentuais de diferencia con respecto ao nivel de emisións do conxunto de España, onde, ademais, non baixaron, senón que subiron un 2,4%.

O Goberno galego nos últimos anos traballou de cara a consolidar a Comunidade como un referente na loita contra o quecemento global con iniciativas como a Alianza galega polo clima, que pretende aproveitar sinerxías e buscar confluencias que multipliquen o efecto das accións individuais das entidades adheridas. “A colaboración público-privada é indispensable para conseguir a neutralidade climática en 2040”, afirmou a conselleira.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS