domingo, noviembre 24, 2024
InicioO PaísA CoruñaCreafogar, un evento efémero de interiorismo

Creafogar, un evento efémero de interiorismo

Esta iniciativa inclúe a celebración de coloquios relacionados co ámbito laboral e o emprendemento e amosará o traballo de 55 profesionais da marca Artesanía de Galicia especializados en distintos ámbitos

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron hoxe na inauguración da primeira edición de Creafogar. Esta iniciativa é evento efémero de interiorismo que se celebra en Santiago de Compostela ata o 9 de outubro e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia. Ao acto tamén asistiu a directora xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez.

Alí a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego definiu esta iniciativa como novidosa no ámbito do interiorismo e da rehabilitación. Zaltia salientou que promove a suma de sinerxías entre as empresas galegas participantes e que están vinculadas a produtos e servizos do fogar e ao sector da construción. Ademais, Lado subliñou que Creafogar tamén é unha oportunidade para poñer en contacto ás empresas e aos profesionais do interiorismo cos centros de formación profesional, co fin de coñecer as demandas no mercado laboral deste sector.

De feito, este evento inclúe tres coloquios relacionados co eido laboral e que serán impartidos por técnicos da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. O primeiro terá lugar mañá, 20 de setembro, e trata o servizo público de emprego de Galicia. O 27 de setembro haberá outra na que se abordarán as liñas de acción dirixidas a persoas traballadoras e desempregadas. Por último, o 4 de outubro haberá un coloquio sobre os servizos de asesoramento para o autoemprego e o emprendemento.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS