jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasO CEIP Marqués do Pazo da Mercé recibe melloras no exterior do...

O CEIP Marqués do Pazo da Mercé recibe melloras no exterior do edificio

As obras foron realizadas a través dun investimento de máis de 430.000 euros por parte da Xunta de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o CEIP Marqués do Pazo da Mercé, no concello de As Neves, onde a Xunta levou a cabo unha obra de substitución das carpinterías exteriores do edificio. Estes traballos, que tiveron lugar durante o descanso lectivo, están a piques de rematar e leváronse a cabo sen interferir no normal funcionamento do centro. Así, as novas carpinterías permitirán mellorar a eficiencia enerxética do edificio.

As obras foron posibles grazas a un investimento de máis de 430.000 euros, que se encadra dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, unha iniciativa que entre o ano 2021 e o 2024 permite levar a cabo case 2.700 obras en centros educativos de todo o territorio galego, mobilizando máis de 278 millóns de euros. Cabe destacar que neste momento están rematadas, en execución ou licitadas o 98% destas obras, por un importe de máis de 229 millóns de euros. O 2% restante xa está comprometido, de tal forma que boa parte xa contan con proxecto encargado ou en revisión para a súa próxima execución.

Na provincia de Pontevedra este Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica permitiu realizar un total de 613 obras, entre 132 grandes obras cun investimento de 63,2 millóns de euros; 460 obras pequenas e medianas por valor de 14,2 millóns de euros; e 21 instalacións fotovoltaicas que supuxeron un investimento de máis de medio millón de euros. A maiores, hai 21 actuacións comprometidas que aumentarán en case 22 millóns de euros o investido neste plan na provincia de Pontevedra.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS