viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadePonteareas publica a resolución provicional das subvencións para centros e casas culturais

Ponteareas publica a resolución provicional das subvencións para centros e casas culturais

As 20 solicitudes achegadas cumpren cos requisitos esixidos na convocatoria

O Concello de Ponteareas publicou o informe-resolución provisional da Comisión de Avaliación das solicitudes e documentación presentadas para optar ás subvencións de apoio á cultura destinadas aos centros e casas culturais de Ponteareas.

A Comisión de Valoración avaliou as solicitudes coas documentacións achegadas polos distintos centros culturais do Concello de Ponteareas (de conformidade coas Bases aprobadas polo Concello e publicadas no BOPPO o 29 de abril de 2024) e verificaron que as 20 solicitudes achegadas cumpren cos requisitos esixidos na convocatoria.

A resolución provisional que contén a táboa coas cantidades concedidas provisionalmente está publicada na páxina web do Concello de Ponteareas e no Taboleiro Municipal, concedéndose un prazo de 5 días naturais contados a partir do día seguinte da súa publicación, para formular alegacións.

Esta partida económica é unha aposta clara por parte do Concello de Ponteareas para axudar aos centros e casas culturais a desenvolver todas as súas accións e actividades e converterse así en lugares de referencia e de encontro para os veciños e veciñas de todas as parroquias.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS