domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsActualidadeMos vólcase na concienciación sobre o Alzheimer da man de AFAGA

Mos vólcase na concienciación sobre o Alzheimer da man de AFAGA

Diversidade de actividades nas que se implica, ademáis de aos enfermos e ás súas familias, á totalidade de axentes sociais mosenses

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, informaron hoxe, con motivo do Día Mundial do Alzheimer que se conmemora o vindeiro
sábado 21 de setembro, das diversas iniciativas municipais promovidas dende o Concello para concienciar e dar visibilidade a esta enfermidade; todas elas en colaboración e traballando da man con AFAGA, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia.

Así, as representantes muncipais Arévalo e Cebreiro, anunciaron a celebración dunha andaina conmemorativa do Día Mundial do Alzheimer que se celebrará o propio sábado día 21, con participación de balde e libre, sen necesidade de inscrición previa. A devandita andaina atópase incluída no programa municipal de andainas, ‘Andar é Saúde’, que desde a concellería mosense de Política Social organízase en colaboración con EVD Galicia e, neste caso concretamente tamén, con AFAGA.


A camiñata partirá ás 10.30 horas do Multiusos das Pozas en Petelos e descorrerá por un percorrido cunha lonxitude total de 5 quilómetros.

Por outra banda a comezos do presente mes de setembro comezou o novo curso dos talleres de estimulación cognitiva impartidos por AFAGA desde fai 13 anos na antiga Casa Reitoral de Petelos. Van dirixidos a persoas con diagnóstico médico e aqueles interesados neles poden solicitar a participación nos mesmos no departamento municipal de Servizos Sociais.


Lévanse a cabo de luns a venres en horario de 16 a 19 horas e divídense en dous grupos de entre 10 e 12 persoas participantes en cada un. Estes obradoiros levan sendo realizados por AFAGA en Mos desde o ano 2011.

Entre outras iniciativas realizadas en colaboración con AFAGA, foi moi significativo tamén o programa Sinerxia de Voluntariado Interxeracional realizado o ano pasado e no que participaron 8 voluntarios mozos e 8 maiores coordinados pola Asociación.

Por último a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e a edil de Política Social, Nidia Arévalo, apuntaron tamén que durante a noite do 20 ao 21 de setembro o edificio da Casa Consistorial permanecerá iluminado de verde en lembranza e concienciación sobre o Día Mundial do Alzheimer.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS