domingo, noviembre 24, 2024
InicioConcellos +A CañizaLuis Piña visita aos efectivos militares da Brilat asentados no Centro Cultural...

Luis Piña visita aos efectivos militares da Brilat asentados no Centro Cultural de Oroso

Os militares forman parte dunha operación conxunta entre a Consellería de Medio Rural da Xunta e o Ministerio de Defensa, en activo dende o pasado 15 de agosto ata o 1 de outubro, de reforzo para loitar e previr os incendios forestais. Trátase dunha estratexia de despregamento de patrullas terrestres nas zonas da comunidade con maior actividade incendiaria, unha delas nas comarcas do Condado – Paradanta, con sede na Cañiza.

Nesta visita o alcalde puido escoitar de primeira man a situación actual deste operativo, que nestes momentos é de máxima alerta e «agradeceu o labor desenvolvido durante este verán no término municipal». Unha labor de vixiancia continua, de disuasión, visibilidade e de interacción coa nosa veciñanza, co obxectivo de rebaixar en todo o posible os índices de actividade incendiaria nos montes da zona.

Neste encontro, un ano máis, Luis Piña reiterou “o compromiso e plena vontade do Concello de colaborar na loita contra os incendios” e agradeceu a “esencial labor que desenvolve o exército, baixo o mando único da Xunta, dende que no ano 2007 comezara esta operación de loita contra os incendios forestais“.

Pola súa banda, o operativo militar tamén agradeceu a boa acollida que durante todo o despregamento recibe tanto dos veciños como da Institución Municipal, afirmando que o aloxamento e as instalacións ofrecidas polo Concello son dunha alta capacidade operativa.

As patrullas despregadas na Cañiza teñen o centro e unidade de mando na Casa Cultural «O Pateiro» de Oroso, adaptado para acoller esta operación dende o ano 2019.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS