viernes, noviembre 22, 2024
InicioO PaísA CoruñaO TSXG impón unha condena ao Concello da Coruña

O TSXG impón unha condena ao Concello da Coruña

O goberno local terá que pagarlle á concesionaria da xestión de augas residuais de Culleredo polos servizos prestados a dúas urbanizacións do seu termo municipal

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou o dereito da concesionaria da xestión de saneamento das augas residuais do Concello de Culleredo -Gestión y Técnicas del Agua S.A.- a percibir o importe das tarifas polos servizos realmente prestados en favor dos usuarios das urbanizacións de Valaire e O Carón, situadas no termo municipal da Coruña. Desta forma, acolleu en parte o recurso presentado pola empresa contra a sentenza do Xulgado do Contencioso-administrativo número 3 da Coruña que rexeitou a súa solicitude respecto ao pagamento das facturas e condenou ao Concello da Coruña a abonarlle o importe das tarifas que correspondan polos servizos prestados e computados entre 2017 e 2022.

A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo explica na resolución que, “tanto con base no propio contrato, como con apoio na doutrina do enriquecemento inxusto”, procedía abonar á concesionaria as tarifas aprobadas que percibiu,en todo ou en parte, o Concello da Coruña. Con todo, indica que “iso non significa, sen máis, que se recoñeza o dereito da concesionaria a recibir os 760.375 euros facturados ata o primeiro semestre do ano 2022”.

Desta forma, os maxistrados indican que “a tarifa permaneceu invariable durante todo o prazo concesional que aquí interesa, pero iso non xustificaba que tivesen que ser idénticos os importes que se facturasen trimestralmente, pois estes tiñan que estar en función dos caudais das augas que se vertían, o que é evidente que non foi o caso, pois todas e cada unha das facturas tiñan o mesmo importe (34.562,53 euros), o que non é crible e debe entenderse como un cálculo estimativo e non real que respondese á súa debida medición”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS