lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasParadantaEmpezar de novo cunha granxa de caracois

Empezar de novo cunha granxa de caracois

Laura Santiso dirixe ComeCois, unha granxa de caracois que puxo en marcha en Augas Férreas, na Cañiza.

A covelense Laura Santiso empezou de novo no rural da Paradanta cunha granxa de caracois. Comezou a buscar información e a relizar cursos sobre a helicicultura, que é así como se lle chama á cría e cultivo de caracois terrestres e puxo en marcha ComeCois.

O potencial cliente é a hostalería aínda que Santiso contempla tamén outra vías como as de intriducir o produto no mercado en formato conserva par alogo vender, por exemplo, nas diferentes feiras de Galicia. Segun explica a covelense as posibilidades alimenticias do caracol son moi amplas e «está recomendado para as dietas saudables porque ten unha escasa achega calórica e graxa cun alto contido en proteínas, entre outras cualidades».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS