jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasMondariz celebrará este xoves o pleno de renuncia do goberno de Calis

Mondariz celebrará este xoves o pleno de renuncia do goberno de Calis

A corporación municipal de Mondariz reunirase este xoves, 19 de setembro, ás 19 horas, para celebrar o pleno no que o goberno municipal, conformado por cinco concelleiros de Alternativa por Mondariz, fará oficial a súa dimisión. Logo, a secretaria municipal terá 10 días como máximo para convocar o pleno de investidura do novo goberno local.

Os cinco edís, que xa anunciaron a súa renuncia, pasarán a ser oposición e o PP, con tres concelleiros, poderá facerse co bastón de mando do Concello de Mondariz, aínda que terán difícil a gobernabilidade e terán que chegar a acordos coa oposición. Así pois, todo apunta a que o próximo alcalde de Mondariz será Pablo Barcia, o líder do PP na vila.

O actual alcalde en funcións, Xoán Carlos Montes, “Calis”, xa se reincorporou ao seu posto de traballo, máis insiste que seguirá, desde a oposición, apostando pola mellora da vida na vila. “Renunciei por lealdade ás veciñas e veciños porque sei que ese empeño en destruír a miña figura e a do partido independente que represento ía prexudicar á cidadanía. Non podía permitir que a irresponsabilidade dos tres grupos da oposición que xogan a asfixiar politicamente a un determinado grupo limitase o avance de Mondariz”, explica Calis.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS