Superan os 20 millóns de euros, onde a gran parte destinaranse a infraestruturas e 2 millóns para Medio Ambiente
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, convocou unha comisión de pleno extraordinaria que se desenvolverá o vindeiro venres, 20 de setembro, ás 09:00 horas, no salón de plenos do Concello.
A orde do día inclúe 10 puntos, nos que o goberno municipal presentará para ditame por parte da comisión, as propostas de aprobación provisional doutros tantos expedientes de modificación de créditos por un importe que supera os 22 millóns de euros.
Entre as modificacións presentadas, propóñense destinar 452.000 euros a partidas de educación, máis de 805.000 euros para asuntos sociais ou máis de 216.000 euros para o apartado de participación cidadá e xuventude.
Por outro lado, as partidas tamen contemplan destinar os cartos a partidas como a seguridade cidadá, servizos xerais, infraestrutura artes e festexos, Deportes e Medio Ambiente.
Segundo as propostas que se presentarán ante a comisión de pleno, previamente aprobadas pola Xunta de Goberno Local, todas as modificacións financiaranse con cargo a remanente de tesouraría para gastos xerais.
As propostas de modificación orzamentaria, unha vez ditaminadas pola comisión de pleno, presentaranse a aprobación por parte do Pleno do Concello para que proceda, de ser o caso, á súa aprobación provisional.