lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísOs traballadores de Ence "en pé de guerra" piden diálogo

Os traballadores de Ence «en pé de guerra» piden diálogo

Os traballadores de ENCE defenden o «diálogo» pero tamén as mobilizacións como vías para defender os seus postos de traballo tras a sentenza da Audiencia Nacional que anula a prórroga da concesión que permite á factoría ocupar os terreos en que actualmente está situada na ría de Pontevedra. Pendente unha terceira sentenza.

A presidenta do Comité de Oficinas,Ana Cerdeira, anunciou este luns que as mobilizacións contra esta sentenza e a posibilidade dun peche da planta continuarán nos próximos días. «Imos recorrer e seguir pelexando. Estamos seguros do que estamos facendo. Pelexar polos nosos postos de traballo».

A sentenza da Audiencia Nacional anula a prórroga da concesión de Costas á fábrica de Lourizán e deixa sen sustento legal aactual ocupación de solo marítimo-terrestre.

Aínda falta unha terceira sentenza, previsiblemente será dictada pronto e nos mesmos termos, referida ao recurso similar presentado pola Asociación Pola Defensa dá Ría (APDR).

Pola súa parte, o presidente de Defensa da Ría, Antón Masa, sinala que a sentenza da Audiencia Nacional «confirma a ilegalidade da prórroga concedida polo Goberno en funcións de Mariano Rajoy», e considera que con ela «Ence non pode continuar en Lourizán desde este mesmo momento», non desde 2033. Ademais, pregúntase se «non habería que depurar responsabilidades daquelas persoas que tomaron a decisión de conceder de forma ilegal unha prórroga a Ence».

O comité de empresa entende que o traslado non é unha posibilidade: «Non hai un lugar alternativo en Galicia para recolocar a factoría, que teña as características que ten Lourizán», asegurou Ana Cerdeira.

A representante dos traballadores sinala como responsables o Goberno e o Concello de Pontevedra: «O que quere o Goberno xunto co Concello de Pontevedra é que ENCE peche. ENCE é unha empresa privada que cotiza en Bolsa, en que os accionistas poñen os seus cartos e son eles os que teñen que dicir o que hai que facer. E non van aprobar un traslado co investimento que iso supón».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS