viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeOs maiores de Mos serán os novos ‘influencers’ do rural

Os maiores de Mos serán os novos ‘influencers’ do rural

‘No meu Pobo’, o programa da Fundación Cibervoluntarios ensinaráos a facer vídeos para contar a historia e tradicións locais os días 3 e 10 de outubro na antiga Casa Reitoral de Petelos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación e Participación Cidadá, Julia Loureiro, informaron hoxe de que xa se atopa aberto o prazo de inscrición na iniciativa gratuíta que impartirá a ONG Fundación Cibervoluntarios os días 3 e 10 de outubro na localidade mosense baixo o título ‘No meu Pobo’ e que permitirá aos maiores de mos converterse en auténticos ‘influencers’ do rural.


‘No meu Pobo’, ensinaráos a facer vídeos para contar a historia e tradicións locais e impartirase na antiga Casa Reitoral de Petelos en horario de tarde, de 16.30 a 18.30 horas.

A Fundación Cibervoluntarios é unha ONG dedicada ao voluntariado tecnolóxico en España, e desenvolve este programa para preservar a memoria colectiva dos pobos e zonas rurais. O prazo de inscrición neste curso de balde atópase xa aberto na web enmipueblo.org.


O 15,9 % dos españois, é dicir, máis de 7,5 millóns de persoas, viven en áreas rurais que ocupan o 85 % do territorio do país. Para preservar as historias e tradicións dos pobos, Fundación Cibervoluntarios, ONG dedicada ao voluntariado tecnolóxico en España, lanza ‘No meu Pobo’, talleres gratuítos dirixidos a persoas maiores, nos que aprenden a crear vídeos onde contan e comparten a historia e tradición local.


O obxectivo é manter viva a memoria cultural, e tamén utilizar a tecnoloxía para conectar xeracións, que as persoas máis novas aprendan valores e historias das persoas maiores e sobre o patrimonio inmaterial dos seus pobos.


O programa, cunha duración de 4 horas e dividido en dúas sesións de 2 horas cada unha, está dispoñible tanto de forma presencial como en liña. Este proxecto busca promover o intercambio entre xeracións, permitindo que os mozos aprendan das vivencias e valores de persoas maiores, mantendo vivas as súas historias mediante o uso de ferramentas dixitais.

Formación en ferramentas dixitais e storytelling para documentar a cultura local


Durante a primeira parte do curso, os beneficiarios aprenderán a utilizar ferramentas dixitais básicas e aplicacións para crear vídeos e publicar os seus vídeos na internet. Adaptándose ao nivel de experiencia de cada un, ensinaráselles a gravar e editar as súas propias historias.


A segunda parte do curso enfócase no storytelling: elixir un tema, crear un guion para contalo, gravalo e publicalo.


Estes vídeos, nos que os participantes comparten as tradicións, gastronomía, arte e lugares de interese dos seus pobos, son moi diversos: desde gravar unha receita tradicional, narrar un evento histórico da súa localidade, falar de de profesións xa desaparecidas, ensinar a artesanía local, ou entrevistar a narrar como era a forma de vida hai décadas.


Estes talleres buscan non só ensinar novas habilidades dixitais, senón tamén mellorar a comunicación e a convivencia entre xeracións, combatendo a soidade e o illamento entre as persoas maiores.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS