jueves, septiembre 19, 2024
InicioNewsActualidadeKiko Rivera será o cabeza de cartel do Louro Valley 2024 no...

Kiko Rivera será o cabeza de cartel do Louro Valley 2024 no Porriño

O DJ estará no Porriño a noite do vindeiro sábado no aparcamento da rúa Progreso e con entrada de balde

A noite do sábado 22 no Porriño é musical. O DJ Kiko Rivera será a cabeza de cartel do Louro Valley Festival 2024, un evento organizado polo Concello do Porriño que congrega aos mellores DJs de España, e que garantiza unha noite de baile e diversión para toda a veciñanza e visitantes. O Louro Valley é un dos tres festivais musicais das Festas do Cristo do Porriño, xunto co Negrita (música urbana) da pasado fin de semana, e o Montando Cristo (rock) o sábado 28 de setembro. Esta semana farase público o resto do cartel do festival.


Más de 10 años de carrera musical
Foi no 2013, co seu tema “Así soy yo”, cando marca Kiko Rivera marca un fito na súa carreira musical, un éxito co que consegue 18 millóns de reproduccións en streaming no seu lanzamento, e a primeira posición de descargas durante 7 días consecutivos.


Pero a súa andadura musical comezou no 2011 e desde entón publicou 17 singles: Quítate el top (2011), Victory con David Tavare -Eurocopa- (2012), Así soy yo (2013), Chica loca con Dr. Bellido (2013), Cuento de hadas (2014), 500 millas (2014), Dale con Dasoul (2015), Sangre caliente (2016), Mentirosa (2018), Déjalo ya (2019), Tuboescape ft. Henry Méndez & El Nachy (Remix) (2020), Te extraño con Juan Magan y Nyno Vargas (2021), Te necesito (2021),Tú y yo (2022), Por un besito (2022), Vudu (2022) e El mambo (2023).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS