viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeMos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Economía e Facenda, Feli
Rodríguez, e a Interventora municipal, atópanse xa inmersas no orzamento municipal
para o vindeiro ano 2025.


Trátase dun presuposto de 14 millóns de euros que “se mantén e non aumenta no capítulo de Ingresos, ao continuar conxeladas todas as taxas e impostos municipais, tal e como tiñamos comprometido; e ao non contar aínda con información sobre a suba dos Fondos de Cooperación e os Tributos do Estado”, declararon as representantes municipais, Arévalo e Rodríguez.


Así mesmo rexedora local e edil de Facenda informaron de que “temos previsión de que os ingresos poidan ir aumentando a medida que vaiamos recibindo convenios con outras administracións supramunicipais, así como subvencións, etc.”


“E é que desde o Concello de Mos seguimos a traballar sen descanso con outras administracións para avanzar na nosa folla de ruta, marcada polo cumprimento do programa electoral, e para elo, para poder acometelo na máxima porcentaxe posible, buscamos a colaboración e o apoio supramunicipais presentándonos a todas as convocatorias de liñas de subvencións posibles; dado que temos un ambicioso programa, que doutro xeito o noso axustado orzamento non nos permitiría levar adiante”, explicaba a alcaldesa Nidia Arévalo.


Nidia Arévalo salientou ademáis que “este novo presuposto daralle maior importancia nas negociacións con outras administracións ás obras prioritarias. Así será como marcaremos a folla de ruta, baseándonos no noso programa electoral, aínda que o plan local de inversión sexa moi reducido, lograremos así o apoio económico para o investimento en novas obras, apoiándonos noutras administracións”.


Así mesmo, sobre o capítulo de Gastos, as representantes do Concello de Mos, adiantaron que “destaca a continuidade da baixada do endebedamento, que sigue descendendo e nos atopamos xa nun 20%, moi próximos á débeda cero, e é salientable tamén que para o vindeiro ano 2025 amortizarase un dos préstamos contraídos”. Nidia Arévalo e Feli Rodríguez informaron tamén, dentro do capítulo de Gastos, de que se manterá o gasto en Persoal e Servizos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS