Con esta convocatoria de emprego o Concello contará co servizo estable de máis persoal que repercutirá nunha mellor atención á cidadanía
O Concello de Ponteareas informa que o Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) publicou no día de onte, xoves 12 de setembro, a aprobación das bases e convocatoria de 32 prazas dentro da OPE 2022, 2023 e 2024, a maior oferta de emprego público ordinaria ofertada polo Concello de Ponteareas ao longo da súa historia.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no Boletín Oficial do Estado. As bases serán publicadas no BOE e tamén na páxina web do Concello de Ponteareas.
O Concello de Ponteareas adianta que as persoas interesadas poderán presentarse ás prazas convocadas mediante concurso-oposición e oposición. Con esta convocatoria de emprego o Concello contará co servizo estable de máis persoal que repercutirá nunha mellor atención á cidadanía e a traballar para unha administración local máis áxil.
En concreto as prazas de persoal laboral convocáse concurso-oposición para tres prazas de limpador/a en quenda libre e unha praza para persoas con discapacidade recoñecida; unha praza de oficial de primeira electricista en quenda libre e unha para persoas con discapacidade; unha de auxiliar de clínica, unha de condutor palista, dúas de conserxe, duas de axudante de cociña, unha de axuda no fogar, unha de camareira-limpadora, unha de coidador vixiante, unha de técnico de informática e unha de peón de oficios varios.
En canto ás prazas de funcionario abrirase a oposición para unha praza de administración xeral A2 como técnico de xestión; catro de administración xeral C1 como oficial administrativo, catro de auxiliar administrativa C2 para oficial administrativo e unha de técnico de administración xeral A1.
O Concello convoca concurso oposición para persoal funcionario na escala de administrativo especial para unha praza como técnico de deportes C1, unha praza para servizos especiais en grupo AP, outra praza da subescala técnica de técnico de medio ambiente C1 e dúas prazas de técnica de traballo social A2.
Unha vez rematado o prazo de vinte días hábiles fixados para presentar as solicitudes, a Alcaldía ditará unha resolución no prazo máximo dun mes na que declarará aprobada a lista de persoas admitidas e excluídas.