domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísGalicia achégase aos 100 pacientes ingresados por mor da COVID-19

Galicia achégase aos 100 pacientes ingresados por mor da COVID-19

Son 82 persoas as que están igresadas en camas convencionais e 14 nas UCI.

O número de casos activos aumenta de novo en Galicia ata os 8.319. Isto quere dicir, que son 1.111 galgos e galegas máis ca onte os que arestora están a pasar a COVID-19. Todas as áreas sanitarias aumentan nos casos activos, a que máis o fai é a de Pontevedra con 265 máis que na anterior xornada.

Por áreas sanitarias:

Vigo: 1.845 (+254)

Ourense: 1.617 (+188)

A Coruña: 1.330 (+139)

Pontevedra: 1.550 (+265)

Santiago: 976 (+159)

Lugo: 700 (+69)

Ferrol: 301 (+37)

A presión hospitalaria en Galicia afástase da estabilidade e aumenta de novo o número de pacientes co virus. Na anterior actualización, sumaronse 12 en 24 horas e nesta xornada aumentan en 17, nun día, as persoas que precisan de hospitalización por mor da COVID-19. Deste xeito, en total son 82 en planta e 14 na UCI.

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS