O pasado mes de agosto o Concello rematou as obras de reforma desta instalación deportiva e inaugurou o novo campo coa celebración dun partido entre o equipo feminino do Club de Fútbol Cañiza e as Celtas de Vigo que rematou con empate a cero
O pasado 25 de maio comezaron estas obras de reforma que dotaron á instalación deportiva, actualmente referente do fútbol cañicense, de novo céspede sintético no terreo de xogo en 6.786 m2 de superficie, 4 grandes torretas de luz de 18 metros de altura, cambio do sistema de rego, sustitución de todo o valo perimetral da zona de xogo, impermeabilización dos vestiarios, nova caldeira de biomasa, habilitación dun novo acceso ao campo polo extremo norte da instalación así como limpeza de todos os muros perimetrais do recinto.
Ademáis realizáronse outras melloras en toda a instalación como a habilitación dunha nova zona de adestramento, no lateral dereito do campo, para o que se aproveitou o céspede retirado que estaba en mellores condicións de uso. Pechouse toda a parte superior do campo, pintouse o exterior dos vestiarios, colocáronse novos escudos en metacrilato e parabalóns nas partes posteriores das porterías.
A reforma contou con dúas subvencións da Deputación provincial. Unha axuda de 479.948,21€, concedida a través do Plan PON30, aprobada polo Pleno da Deputación o 23 de xuño de 2023 e unha segunda subvención do Plan +Provincia 2024 de 150.970,34€,
Estas axudas permitiron que o Concello non tivera que aportar fondos propios.