viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeVisitar o 'Museo Arabo' de Arbo ten premio

Visitar o ‘Museo Arabo’ de Arbo ten premio

O Concello organiza un sorteo para incentivar e premiar as visitas ao Centro de Interpretación do Viño e la Lamprea

Arbo ten o único museo adicado á lamprea, o «Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea Arabo». Alí, pódese explorar o pasado de Arbo, vinculado á pesca da lamprea e facer un percorrido pola historia da Festa da Lamprea, o viño e probar todas as súas variedades.

O Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea é unha exposición permanente orientada á posta en valor do patrimonio cultural, etnográfico e enogastronómico do municipio arbense.

O Concello de Arbo, para incentivar e premiar as visitas ao Museo Arabo e para dar a coñecer este recurso turístico de Arbo, organiza o concurso «Visita o Museo Arabo e gaña», onde o visitante poderá gañar productos do museo, así como viño e espumosos das bodegas de Arbo.

Poderán participar no concurso todas as persoas maiores de idade que visiten o Centro de Interpretación e o sorteo realizarase entre as papeletas depositadas na urna instalada no museo do 1 de outubro de 2024 ao 31 de marzo de 2025.

O rexedor arbense «anima a visitar o museo e coñecer máis de cerca as tradicións arbenses». Para máis información e a reserva de visitas en 986 66 57 78 ou no correo electrónico museoarabo@concellodearbo.gal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS