viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasBaiona aposta pola potenciación da romería de San Cosme e San Damián

Baiona aposta pola potenciación da romería de San Cosme e San Damián

Trátase dunha das grandes romarías do municipio e que se celebrará entre o 25 e 26 de setembro

O Concello de Baiona abre o prazo para a presentación de solicitudes de venda ambulante durante a Festa da Mel e das Noces. A festividade celebrarase os próximos días 25 e 26 de setembro con motivo da Romaría de San Cosme e San Damián.

Os postos que poderán instalarse nesta nova edición da Festa da Mel e das Noces, ofrecerán todo tipo de produtos do campo, comida, artesanía ou plantas. Estes estarán situados na Praza de Santa Liberata e que se extenderán dende a rúa Marqués de Quintanar ata a Glorieta de Colón

Un evento organizado pola concellaría de Festexos para manter viva as tradicións e costumes da vila, durante a Romaría de San Cosme e San Damián.

Durante as dúas xornadas, Baiona acollerá actor relixiosos e continuarán coa tradición na que algúns romeiros ofrecen os seus produtos do campo, figuras de cera e donativos en agradecemento polo favores que recibiron.

Por outro lado, a música tamén estará presente, xa que o mercado estará amenizado con actuacións de grupos folclóricos, pandeireteiras e pasarrúas.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, destacaba que «trátase dunha celebración que suma legado e vangarda vinculada ao ámbito tradicional» e aseguraba como un ano máis, o Concello apostaba por manter como festivo local o día 26 como forma de resaltar o valor da romaría.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS