viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeA exposición e documental de "Los caminos de Elías Valiña" chegan a...

A exposición e documental de «Los caminos de Elías Valiña» chegan a Baiona

Unha mostra que poderá visitarse ata o 25 de setembro de forma gratuíta

A recepción do Concello de Baiona acolle dende hoxe ata o próximo 25 de setembro a exposición «Los caminos de Elías Valiña». As persoas interesadas poden visitala de maneira gratuíta en horario de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas.

Esta exposición realizarase a través dunha visita guiada dos Camiños de Santiago dende a ollada de Elías Valiña, pioneiro da ruta xacobea e a persoa que inventou a frechas amarelas.

Desta forma, búscase divulgar a súa figura como un dos principais estudosos e precursores do asociacionismo Xacobeo. Ademais, teñen en conta o seu papel como un dos actores principais no rexurdimento contemporáneo do fenómeno das peregrinacións a Santiago de Compostela.

Hoxe presentouse a mostra e o documental en Baiona

No día de hoxe, tivo lugar a presentación da mostra e do documental, onde estiveron o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez, o comisario da exposición e director do documental, Aser Álvarez, a concelleira de Festexos, Ruth Álvarez, e a concelleira de Turismo, Sheila González.

O rexedor local recordou que esta exposición trátase de outra «aposta decidida» do Concello polo Camiño de Santiago e desexa que este sexa un dos «puntos fortes de desestacionalización e patrimonio de Baiona».

En relación á exposición, Vázquez definiuna como unha «exposición cargada de moito sentimento, historia e persoas, que son ao final as que fan o Camiño de Santiago».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS