sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísGalicia supera os 6.000 casos activos en COVID-19

Galicia supera os 6.000 casos activos en COVID-19

A comunidade suma en 24 horas 614 novos casos con respecto á anterior xornada.

Galicia rexistra, arestora, 6.298 casos activos en COVID-19. Isto quere dicir que son 614 galegos e galegas máis ca onte os que están a pasar a enfermidade. Continúa, por tanto, o aumento de contaxios en todas as áreas sanitarias. Nesta xornada, a que máis o fai é a de Ourense que suma 151 nun día. A presión hospitalaria segue estable.

Por áreas sanitarias:

Vigo: 1.389 (+119)

Ourense: 1.243 (+151)

A Coruña: 1.086 (+59)

Pontevedra: 1.139 (+134)

Santiago: 671 (+94)

Lugo: 539 (+43)

Ferrol: 231 (+14)

Malia o repunte de casos activos, a presión hospilaria mentense estable, especialmente nas UCI, que continúa con 10 persoas ingresadas. Nas camas convencionais son catro pacientes máis ata os 57 en planta. Grazas a vacinación redúcese a posibilidade de que a COVID-19 se pase cun estado grave o que fai que non se reflicte a quinta vaga do virus na asistencia médica.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS