sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísAumentan os casos activos en Galicia ata os 5.684

Aumentan os casos activos en Galicia ata os 5.684

Son 626 galegos e galegas máis, con respecto á anterior xornada,os que arestora teñen a COVID-19.

Segundo a última actualización de Sanidade, Galicia rexistra 5.864 casos activos en coronavirus. Isto é, 626 máis ca onte. Copn todo este aumento de contaxios non se reflicte na presión hospitalaria, que mellora, aínda que dun xeito leve con tres pacientes menos ingresados.

Todas as áreas sanitarias aumentan no número de positivos a que máis o fai é a de Vigo que suma 212 en 24 horas. Acada, así, os 1270 casos. Tamén superan o mileiro a de Ourense, a da Coruña e a de Pontevedra.

 Vigo: 1.270 (+212)

Ourense: 1.092 (+112)

A Coruña: 1.027 (+70)

Pontevedra: 1.005 (+136)

Santiago: 577 (+42)

Lugo: 496 (+29)

Ferrol: 217 (+25)

Malia o aumento de casos activos en todas as aréas sanitarias de Galicia, a presión hospitalaria mantense estable. Arestora son tres persoas menos ingresadas por mor da COVID-19. Hai 53 pacientes en camas convencionais, dous menos ca onte, e 10 nas UCI, un menos. Amáis, o SERGAS non notificou ningún falecemento vecellado ao virus nas últimas horas.

O Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia reúnese este martes co fin de valiar a situación epidemilóxica dos concellos galegos e decidir novas limitacións para frear o avance do virus.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS