lunes, noviembre 25, 2024
InicioO PaísA CoruñaO BNG esixe a Rueda o rescate do Cunqueiro polas consecuencias que...

O BNG esixe a Rueda o rescate do Cunqueiro polas consecuencias que sufriu a sanidade pública

A deputada do partido nacionalista, Montse Prado, asegura que cos 470 millóns de euros de sobrecusto poderíanse financiar 50 TACs, 89 RM, 100 mamógrafos ou 250 médicos de familia durante 20 anos

A portavoz de Sanidade do BNG, Montse Prado, reclamou ao Goberno do PP o rescate do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras constatar o Consello de Contas que a súa concesión foi «unha auténtica estafa» que ten consecuencias directas para a sanidade pública galega e que confirma “o uso do orzamento público para enriquecer empresas mentres os problemas do sistema de saúde público aumentan día a día”.

“Mentres o PP lle regalaba millóns de euros a empresas privadas, á UTE encabezada por Acciona, practicaban recortes inmisericordes no sistema público, aplicaban recortes na atención primaria, paralizaban e conxelaban as melloras salariais e das súas condicións aos profesionais do Sergas, non estaban solicitando as prazas MIR suficientes”, sostivo a deputada nacionalista no transcurso dunha pregunta formulada no Pleno ao conselleiro de Sanidade.

Prado acusou aos populares de intentar confundir á sociedade ao negar o sobrecusto que supuxo o Cunqueiro, confirmado no informe do Consello de Contas, que cifra en 470 millóns de euros máis a diferenza entre o modelo escollido polo PP na súa concesión. “O dato mata o relato”, destacou, para deixar claro a continuación que, segundo os datos do órgano fiscalizador, o modelo escollido de colaboración público privada -coa adxudicación conxunta de obra e servizos- tivo un custo de 1.698.815.557 euros, fronte aos 1.226.346.135 que implicaría o contrato tradicional e servizos non sanitarios por separado. De aí, reiterou, os case 472,5 millóns de euros que os galegos e as galegas pagaron de máis pola concesión do Cunqueiro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS