Organiza este sábado 17 unha carreira de ex ciclistas
Co motivo da chegada a Mos da 20ª etapa de La Vuelta 2021 o 4 de setembro, o Concello de Mos dentro da súa programación previa a este día, organiza o vindeiro sábado 17 de xullo unha carreira de ex ciclistas.
Comezará ás 18.00 horas dende Sanguiñeda (explanada La Reina) e ten previsto rematar unha hora máis tarde no Castro de Herville, lugar onde rematará tamén a 20ª etapa de La Vuelta.
Contarase coa presenza de ciclistas e varios exciclistas profesionais como Óscar Pereiro, Álvaro Pino, Ezequiel Mosquera, Marcial Rodriguez, Serafin Martinez, Genaro Prego, José Ángel Vidal, José Teixeira, Evaristo Portela, Juan Campos, Isidro Araujo, Fabián García, Pako Boente e José L. Boente. Tamén participará Susana Alonso Carballo.
Haberá moitas sorpresas máis que non se poderán desvelara ata o propio día.
Con esta actividade organizada dende a mesa de La Vuelta de Mos, a administración local en nome dos mosenses mostra así o seu agradecemento a Óscar Pereiro polo seu traballo e implicación para que as etapas de La vuelta 2020 e 2021 fosen unha realidade no seu municipio.