jueves, septiembre 19, 2024
InicioNewsComarcasO refuxio da Freixa presentará melloras para a súa eficiencia enerxética

O refuxio da Freixa presentará melloras para a súa eficiencia enerxética

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, visitou hoxe Ponteareas e anunciou que a Xunta levará a cabo varias obras para acondicionar este espazo de pescadores da praia fluvial

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, avanzou hoxe que o goberno galego levará a cabo varias obras para acondicionar o refuxio de pescadores da Freixa, no Concello de Ponteareas, co obxectivo de mellorar a súa eficiencia enerxética. Durante a visita que realizou a este refuxio de pescadores, na que estivo acompañada pola alcaldesa da localidade, Nava Castro, a directora xeral de Patrimonio Natural subliñou que a intención da Xunta é acometer melloras como a renovación do mobiliario, a substitución do tellado e a reforma do sistema de climatización para acadar unha maior eficiencia enerxética.

O obxectivo da Xunta de Galicia é garantir que os usuarios deste espazo conten coas mellores condicións posibles para levar a cabo as súas tarefas. Nese senso, cómpre lembrar que nestas instalacións, ademais de celebrarse os sorteos para a colocación de estacadas para a pesca de lamprea no río Tea, tamén se desenvolven actividades de educación ambiental para veciños, escolares e visitantes.

Ademais, é o espazo no que realizan o seu labor os axentes ambientais responsables da estación de captura da Freixa, que é onde se leva a cabo a extracción dos peixes que transitan por este punto do río Tea co obxectivo de coñecer a evolución das poboacións de especies como o salmón atlántico, o reo, a troita de mar, a lamprea ou a anguía.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS