sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra perfila diversos proxectos coa consellería de Medio Ambiente

Salvaterra perfila diversos proxectos coa consellería de Medio Ambiente

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, vén de reunirse coa Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda Ángeles Vázquez, co fin de presentarlle dous proxectos estratéxicos para o seu municipio.

Valcárcel mantivo unha xuntanza coa conselleira para presentarlle, por un lado,a pasarela de acceso a Illa Filaboa «e que ten unha gran importancia a nivel medioambiental e que pode encaixar nos fondos de recuperación de Europa», segundo apuntan dende o concello, así como unha memoria que se enmarca dentro do proxecto de recuperación do Recinto Amurallado.

O primeiro deles trátase «dun proxecto maduro», tal e como explican dende o concello de Salvaterra de Miño, e  que se leva tramitando dende varios anos en diversos organismos.A Illa Fillaboa conta con máis de 100.000m2, é a única illa de titularidade pública no Río Miño, está dentro da Rede Natura 2000, e nestes momentos estanse levando diferentes accións para pola en valor e abrila ao público a través de visitas programadas en barco. Coa construción desta pasarela daríase un paso máis e fariamos totalmente accesible ao público un entorno que temos que coidar e potenciar, ademais do valor didáctico e pedagóxico que se lle quere dar a través do Centro de Interpretación que existe no seu interior, ademais tamén se proveería aos pescadores dun aceso seguro aos emprazamentos nos que se desenrola a súa actividade.

Trataríase dunha estrutura, unha pasarela peatonal que uniría a beira norte do río Miño e a Illa Fillaboa, unha ponte colgante con atirantamento, con un trazado de 122m dende o borde do camiño de aceso (inicio da rampla norte) ata que a rampla sur toma unha dirección perpendicular para o descenso sobre a illa, en total con acesos estaríamos a falar dunha lonxitude de 163,5m.

A rexedora, Marta Valcárcel, presentoulle tamén unha memoria  que se enmarca dentro do proxecto da recuperación do Recinto Amurallado, neste caso o remate da humanización das rúas interiores, un proxecto que contempla a humanización, o soterramento de liñas e a restauración do adoquinado das rúas interiores, «co fin de seguir avanzando na posta en valor do patrimonio histórico cultural».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS