martes, noviembre 26, 2024
InicioPenínsula e mundoEspañaA galega Nadia Calviño, nova vicepresidenta primeira do Goberno de Sánchez

A galega Nadia Calviño, nova vicepresidenta primeira do Goberno de Sánchez

O presidente Pedro Sánchez precipita o maior cambio do Goberno desde que chegou á Moncloa e un dos máis profundos da historia de España.

Saen sete ministros e chegan sete caras novas ao Executivo, que queda constituído por catorce mulleres e nove homes. A galega Nadia Calviño é a protagonista desta remodelación, pois Sánchez confía nela coma vicepresidenta primeira, lugar que ocupaba ata o de agora Carmen Calvo, que deixa o Goberno.

Esta aposta pola ministra de Asuntos Económicos coma segunda de abordo é un claro xesto de que o presidente pon o foco na recuperación económica tras a crisis da pandemia. “Este goberno está dedicado a consolidar a recuperación económica e social, esa é a nos prioridade, despregar o Plan de Recuperación, despregar o tecido produtivo, impulsar a creación de emprego de calidade, pensando sobre todo nos mozos e nas mulleres”, declarou hoxe Calviño ao ser preguntada pola remodelación anunciada hoxe polo xefe do Executivo.

Os cambios tamén supoñen unha renovación xeracional, reducindo a media de idade ao 50 anos; unha aposta por políticos de éxito na vida municipal, coa elección de tres alcaldes socialistas (Puertollano, Gavà e Gandía); e un claro reforzo feminino, pasando do 54% ao 63% de mulleres no Goberno.

Ademais de Carmen Calvo, Sánchez tamén releva a José Luis Ábalos, Juan Carlos Campo, Arancha González Laya, Isabel Celaá, José Manuel Rodríguez Uribes e Pedro Duque.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS